Facultade de Fisioterapia

Oferta de traballo: Contrato Pre-doutoral

O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research) da Universidade de Vigo ofrece contrato pre-doutoral para realizar unha tese de doutoramento. A tese encadrarase nunha das liñas de investigación do grupo SiDOR (inferencia non paramétrica, regresión semiparamétrica e non paramétrica, análise de supervivencia, teoría de xogos, teoría da decisión, investigación operativa etc.).


Para dito posto requírese formación específica (Licenciatura, Máster, etc.) da área de Estatística e Investigación Operativa que dea acceso ao Programa de Doutoramento “Estatística e Investigación de Operacións” da Universidade de Vigo, coñecementos avanzados de programación, manexo de software estatístico, e bo nivel de inglés falado e escrito.


As solicitudes enviaranse mediante correo electrónico dirixido a co seguinte asunto: Praza Pre-doutoral SiDOR. Achegarase expediente académico de grao/licenciatura e máster e CV.

O prazo de presentación de candidaturas remata ás 14:00 horas do 20 de xaneiro de 2017.


Máis información dispoñible na Oferta de Traballo (English version here)