Facultade de Fisioterapia

Oferta de traballo: Contratos de iniciación á Investigación - SiDOR

O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research) da Universidade de Vigo ofrece varios contratos de iniciación á investigación en Estatística e Investigación Operativa para alumnos do Máster en Técnicas Estatísticas. A investigación a realizar corresponde ás liñas estratéxicas do grupo SiDOR, que inclúen investigación básica e proxectos de I+D con empresas e institucións.


Para dito posto requírese estar matriculado no Máster en Técnicas Estatísticas durante o curso 2018-2019; manexo de software estatístico; coñecementos de programación; e bo nivel de inglés falado e escrito.


As solicitudes enviaranse mediante correo electrónico dirixido a co seguinte asunto: Contrato IniInv - SiDOR. Achegarase expediente académico de grao/máster (no seu caso) e CV.


O prazo de presentación de candidaturas remata ás 14:00 horas do 20 de marzo de 2019.


Máis información dispoñible na Oferta de Traballo.