Facultade de Fisioterapia

Tituladas pola Universidade e agora formadas para “inspirar” ás científicas e tecnólogas do futuro

22/02/2019| Mª DEL CARMEN ECHEVARRÍA, DUVI - Diario da Universidade de Vigo

O programa Inspira Steam Galicia chegará aos centros en marzo

Un grupo de egresadas exercerá de mentoras de estudantes de 6º de Primaria

ARTIGO

Son 18 mulleres egresadas pola Universidade de Vigo (entre elas a nosa compañeira Nora M. Villanueva), na súa maior parte nas enxeñarías industrial, de telecomunicación e minas. Todas están en activo, algunhas á fronte de empresas creadas por elas mesmas e nalgúns casos, mesmo imparten clase nos centros nos que un día foron alumnas. E desde esta semana todas elas son ademais mentoras do proxecto Inspira Steam Galicia, unha iniciativa que tivo a súa orixe na Universidad de Deusto coa finalidade de promover as vocacións científicas e tecnolóxicas entre as nenas, e arredor da que a Universidade de Vigo comezou a traballar hai case un ano coa iniciativa IREI, Inspirando ás Rapazas para Estudar Enxeñería. Agora, tras a sinatura dun convenio cos promotores de Inspira Steam, a iniciativa da institución viguesa entra nunha nova fase, que arranca coa formación das mentoras, que trasladarán ao alumnado de 6º de Primaria de varios centros escolares da área de Vigo a súa experiencia profesional e fomentarán entre as rapazas as disciplinas científicas e tecnolóxicas.[...]

[...] O alumnado de 6º de Primaria de media ducia de centros escolares da área de Vigo será o primeiro destinatario do programa Inspira Steam Galicia, nunha experiencia piloto que comezará a desenvolverse a partir dos meses de marzo ou abril. Ao longo de seis sesións dunha hora de duración, as rapazas e rapaces, xuntos nalgúns casos e por separado noutros, traballarán da man das mentoras, a través de xogos e outras actividades, en cuestións como: que son as Steam (Science, Technology, Engineering, Arts and Maths); os estereotipos; profesións; mulleres na historia ou mulleres Steam hoxe.[...]

Ler artigo completo