Facultade de Fisioterapia

Oferta de traballo: Contrato de Técnico de Investigación - INOU

O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research) da Universidade de Vigo ofrece 1 contrato de técnico de investigación en Estatística e Investigación Operativa con cargo ao proxecto “AMOCa: Análise e Modelaxe de Opinións sobre a Calidade dos servizos prestados polo sector hoteleiro ourensán”.


Para dito posto requírese titulación universitaria ou estudante de últimos cursos con posibilidade de dedicación a tempo completo; preferiblemente estar matriculado ou ter cursado o Máster Interuniversitario en Técnicas Estatísticas; coñecementos en estatística e linguaxe de programación R.


As solicitudes enviaranse mediante correo electrónico dirixido a co seguinte asunto: Contrato TecInv - Inou. Achegarase expediente académico de grao/máster (no seu caso) e CV.


O prazo de presentación de candidaturas remata ás 14:00 horas do 26 de xuño de 2019.


Máis información dispoñible na Oferta de Traballo.