Facultade de Fisioterapia

Oferta de traballo: Contrato de Iniciación á Investigación

O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research, http://sidor.uvigo.es ) da Universidade de Vigo ofrece un contrato de Iniciación á Investigación en Estatística e Investigación Operativa baixo a dirección de investigadores do grupo. A investigación a realizar corresponde ás liñas estratéxicas do grupo SiDOR, que inclúen investigación básica e proxectos de I+D con empresas e institucións.


Para dito posto requírese se graduado con polo menos 60 ECTS superados a nivel de Mestrado na área de Estatística e Investigación Operativa, manexo de software estatístico, coñecementos de programación, e bo nivel de inglés escrito e falado.


As solicitudes enviaranse mediante correo electrónico dirixido a co seguinte asunto: Contrato Ini Inv - SiDOR. Achegarase unha carta de presentación, expediente académico de grao/mestrado, CV e documentos acreditativos dos méritos recollidos no mesmo.

O prazo de presentación de candidaturas remata ás 14:00 horas (CET) do 29 de xaneiro de 2021.


Máis información dispoñible na Oferta de Traballo