Facultade de Fisioterapia

2019_Semana das Ciencias CEIP Rebordáns

Entre os días 12 e 17 de abril celebrouse a Semana das Ciencias no CEIP Rebordans de Tui. Trátase dun ciclo de actividades no que a través do xogo e a experimentación descóbrese que a ciencia pode ser moi divertida.

O martes 16 de abril, coa finalidade de seguir acercando a ciencia á sociedade principalmente a colectivos non especializados, a nosa compañeira Estela Sánchez Rodríguez xunto con Miguel Mirás Calvo participaron coas seguintes actividades:

  • Montaxe de dúas "CÚPULAS" de Leonardo, xunto cos estudantes de 5º e 6º de primaria. Cúpulas cedidas pola Fundación Escola Rosalía de Castro.
  • Pequeno taller sobre o centro de gravidade a través de xogos. Dirixido a educación infantil, 25 nenos/as.
  • Taller "A voltas coas Matemáticas", sobre as bandas de Moebius. Dirixido a 1º, 2º e 3º de primaria, 50 nenos/as.
  • Taller "Arquímedes e Leonardo: equilibrio e estruturas", sobre o centro de gravidade e estruturas. Dirixido a 4º, 5º e 6º de primaria, 50 nenos/as.


Gallery