Facultade de Fisioterapia

2019/10/24-26_SGAPEIO 2019

 

O XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións se celebrará na sede cidade da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo (https://eei.uvigo.es/eei_gl/escola/escola/cidade/) dende o 24 ata o 26 de outubro do 2019.

O congreso, organizado polo Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo en colaboración coa Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), forma parte dos congresos bienais promovidos por esta sociedade. Coma en edicións anteriores, a finalidade deste XIV Congreso é a divulgación na investigación e no ensino das innovacións da Estatística e a Investigación de Operacións. Con tales fins, entre os distintos actos incluiranse conferencias, mesas redondas, obradoiros e sesións de comunicacións orais e tipo póster.

Nesta edición a programación oficial incluirá unha sesión temática de Biometría, que será organizada dende a SGAPEIO e a Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) dando continuidade aos Encontros Galaico Portugueses organizados polas dúas sociedades dende o ano 2013. Esta colaboración, permite a promoción de divulgación da Estatística e I.O. en distintas áreas de aplicación fomentando novas ideas e colaboracións de interese para as dúas comunidades.

Conferencias Plenarias

  • Carmen Armero Cervera (Universidad de Valencia)
  • Juan Manuel Rodríguez Poo (Presidente do Instituto Nacional de Estadística, Universidad de Cantabria)
  • Juan José Salazar González (Universidad de La Laguna)
  • Ingrid Van Keilegom (KU Leuven)

Mesas redondas

  • Aplicacións da Investigación Operativa no mundo empresarial.
  • A importancia da Estatística na vida diaria.

Obradoiros

  • Elaboración de gráficos con R. Impartido por Javier Tarrío Saavedra (Universidade da Coruña)
  • Minería de datos con R. Impartido por Antonio Vaamonde Liste (Universidade de Vigo)

Ademais da programación científica o evento contará con actividades sociais que se espera sexan do agrado dos asistentes. Máis información na web do congreso.