21/03/2019| M. del Carmen Echevarría, DUVI – Diario da Universidade de Vigo
Persoal do Centro de Investigacións Biomédicas celebrou hoxe o seu primeiro encontro anual
Na sesión fíxose balance da actividade e déronse a coñecer algunhas investigacións
ARTIGO
213 persoas integran a día de hoxe o Centro de Investigacións Biomédicas, Cinbio, un centro singular de investigación, que botou a andar no ano 2009 e que hoxe, unha década despois da súa creación, reuniu ao seu persoal no seu primeiro encontro anual, co obxectivo de facer balance, coñecer o traballo dalgúns dos grupos de investigación que o integran e premiar a, neste caso, á investigadora Ana Sousa pola publicación do artigo con maior índice de impacto IF 2018. “É un día de festa, de encontro persoal do centro e que queremos que teña continuidade. Un día para todos, para poñer cousas en común e recoller opinións, co obxectivo de seguir progresando, coñecernos mellor, tender pontes entre os grupos e sobre todo entre o alumnado pre e postdoc”, explica África González, directora do Cinbio. […] […]Ademais dos traballos de investigación que o centro desenvolve nas súas cinco liñas de traballo principais: cáncer, inmunidade e inflamación, neurociencias, biosaúde e obesidade e as transversais: bioestatística/bioinformática e novos métodos de prevención diagnose-terapia, a directora do Cinbio lembrou as actividades que o seu persoal tamén leva a cabo no ámbito da divulgación coa celebración de xornadas de portas abertas e actividades como Pint of Science.