Oferta de traballo: Contrato Pos-doutoral

O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research) da Universidade de Vigo ofrece un contrato pos-doutoral.

O candidato deberá desenvolver unha liña de investigación na área da Estatística e Investigación Operativa, preferiblemente para fortalecer algunhas das liñas estratéxicas do grupo SiDOR (estatística non paramétrica e semiparamétrica, análise de supervivencia e fiabilidade, bioinformática, teoría de xogos, modelos da investigación operativa, teoría da decisión) coa aportación de novos modelos e/ou métodos, o estudo das súas propiedades teóricas e a creación de software con aplicación a distintos eidos (economía, biomedicina, saúde, enxeñaría, finanzas, bioloxía ou medioambiente). Candidatos con outras liñas de investigación da área son tamén ben recibidos co ánimo de aumentar as capacidades do grupo.

Para dito posto requírese formación específica: doutoramento en Estatística, Teoría de Xogos ou Investigación Operativa, ampla experiencia investigadora avalada por publicacións relevantes a nivel internacional en revistas da área, coñecementos avanzados de programación, e manexo de software estatístico.

As solicitudes enviaranse mediante correo electrónico dirixido a sidor@uvigo.es co seguinte asunto: Praza Pos-doutoral SiDOR. Achegarase documentación acreditativa do título de doutor e CV. Se poderán achegar cartas de recomendación.

O prazo de presentación de candidaturas remata ás 14:00 horas do 26 de xaneiro de 2017.

Máis información dispoñible na Oferta de Traballo