Oferta de traballo: Técnico superior de apoio á investigación

O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research) da Universidade de Vigo ofrece un contrato de técnico superior de apoio á investigación. Contrato financiado a través das Axudas 2016 de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas da Xunta de Galicia.

Para dito posto requírese titulación superior (Licenciatura ou Grao e Mestrado), polo menos un ano de experiencia en tarefas de apoio á investigación (principalmente en áreas de coñecemento relacionadas coas matemáticas e a estatística), experiencia en xestión administrativa, manexo avanzado de ofimática e xestión de páxinas web, e bo nivel de inglés escrito e falado.

As solicitudes enviaranse mediante correo electrónico dirixido a sidor@uvigo.es co seguinte asunto: Praza Técnico Superior SiDOR. Achegarase unha carta de presentación, CV e documentos acreditativos dos méritos recollidos no mesmo.

O prazo de presentación de candidaturas remata ás 14:00 horas do 5 de xaneiro de 2017.

Máis información dispoñible na Oferta de Traballo