Facultade de Fisioterapia

200 asistentes e máis dunha vintena de relatorios na terceira edición do Annual Meeting do Cinbio

01/07/2019| DUVI - Diario da Universidade de Vigo

Celébrase este luns e martes no campus de Vigo

Centrada na traslación dos avances de laboratorio á práctica médica en eidos como o cancro

ARTIGO

195 especialistas (117 mulleres e 78 homes) de España, Portugal, Alemaña, Chile, Reino Unido, Francia, Holanda e Italia participan este luns e martes na terceira edición do Annual Meeting do Centro de Investigación Biomédica (Cinbio). Nesta cita, organizada por persoal investigador de postdoutoramento deste Centro Singular de Investigación de Galicia, presentaranse 23 relatorios, así como sesións póster e comunicacións da man tanto de oradores internacionais e convidados que reflicten “o carácter do noso centro de investigación con expertos en cancro, nanomateriais, bioinformática, bioestatística, inmunoloxía, síntese química e outras disciplinas que aborda o Cinbio”. Así o explicaba no acto de apertura Lorena Vázquez-Iglesias, investigadora de postdoutoramento no Grupo de Química Coloidal e voceira dun Comité Organizador que definiu como un “grupo multidisciplinar de investigadores con moito entusiasmo e motivación que traballan no Cinbio en diferentes áreas como nanomedicina, biomarcadores, química, etc.”.[...]

[...] Neste acto estiveron presentes tamén Jesús M. Míguez, decano de Bioloxía e Ignacio Pérez Juste, decano de Química, que puxeron en valor a continuidade deste simposio como punto de encontro interdisciplinar de novos investigadores no eido da biomedicina. O decano de Bioloxía resaltou a importancia da investigación biomédica por tratarse dun campo que transcende o traballo de laboratorio e proporciona coñecemento científico “en relación aos problemas que afectan á saúde das persoas e preocupan a toda a sociedade e arredor dos que os gobernos fan enormes investimentos”. Pola súa banda, o decano de Química resaltou a xuventude dalgúns dos investigadores que participan nesta xuntanza anual que teñen a oportunidade de establecer contacto con investigadores destacados das súas áreas, que participan neste congreso como convidados como é o caso de Carmen Álvarez Lorenzo, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago; Alejandro Baeza, da ETSI Aeronáutica e do Espazo da Universidade Politécnica de Madrid; Ángel Díaz-Lagares, do Grupo de Oncoloxía Médica Translacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela; Nuria Martínez Saez, da Utrecht University e do CIC biomaGUNE de San Sebastián; Carla Oliveira, do I3S da Universidade de Porto; Roberto Piñeiro, responsable da liña de modelización de cancro da Unidade Mixta Roche-Chus ou María Xosé Rodríguez- Álvarez, do Basque Center for Applied Mathematics. Entre outros temas, estes científicos e científicas presentaron estudos sobre os biomarcadores epixenéticos no cancro, o desenvolvemento dunha vacina baseada en hidratos de carbono ou os determinantes moleculares do cancro gástrico.

Continuar lendo.