Facultade de Fisioterapia

2020 será na UVigo o ano da divulgación científica en galego

15/11/2019| DUVI

Realizaranse múltiples iniciativas coa colaboración da comunidade investigadora

As actividades arrancarán xa a vindeira semana con mesas de debate en Vigo e Pontevedra

ARTIGO

2020 será na Universidade de Vigo o ano da divulgación científica en galego. Este é o gran propósito que se marcan dende a Área de Normalización Lingüística para o vindeiro ano. Para acadalo puxéronse mans a obra, coa colaboración da Unidade de Cultura Científica e da Innovación, planificando toda unha serie de actividades que arrancarán xa a vindeira semana coa celebración de varias mesas redondas en Vigo e Pontevedra coas que se pretende amosarlle á comunidade universitaria e ao público en xeral unha dobre realidade: que o galego é unha lingua tan válida como calquera outra para facer ciencia e que a ciencia é un eido clave para a normalización da lingua.[...]

[...]Mesas redondas abertas ao público en xeral

En total vanse levar a cabo tres mesas redondas: unha o mércores 20 ás 19.30 horas na Facultade de Belas Artes do campus de Pontevedra e dúas en Vigo o xoves 21, a primeira ás 12.00 horas na sala de reunións do edificio Ernestina Otero e outra, xa pola tarde, ás 19.30 horas, na Biblioteca Pública Juan Compañel (rúa de Joaquín Yáñez, núm.6).[...]

[...]En Vigo a mesa de debate que se celebrará no campus estará moderada polo propio Ramallo e contará coa participación de Manuel Ángel Pombal, do grupo de investigación de Neurobioloxía de Lampreas, Neurolam; Anxo Mena, de Oceanografía Xeolóxica e Bioxeoquímica, XM-1, e a directora do Laboratorio de Micoloxía, Marisa Castro. Xa pola tarde, na mesa que se vai levar a cabo no centro da cidade, participarán os investigadores Xavier Simón, do grupo de investigación Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia, GIEEAH; Alejandro Saavedra, do grupo de investigación de Inferencia Estatística, Decisión e Investigación Operativa, Sidor; Gustavo Bergantiños, do grupo de Economía, Sociedade e Territorio, Ecosot; e Xosé Manuel Pacho, en representación da Agrupación de Grupos de Investigación de Dereito Administrativo e Filosofía do Dereito, AGAF.[...]

Continuar lendo.