Facultade de Fisioterapia

Primeiro paso no acceso aberto a libros editados polo Servizo de Publicacións

30/05/2018| DUVI - Diario da Universidade de Vigo

Coa difusión neste formato dunha obra asinada por Estela Sánchez e Miguel Ángel Mirás

Pode accederse ao libro a traves do repositorio institucional Investigo

ARTIGO

O acceso aberto á literatura científica é un movemento internacional que supón un cambio de modelo no funcionamento da comunicación dos coñecementos científicos. Este movemento, tamén coñecido polo termo inglés open access, nace na última década do século XX e, en poucos anos cobra unha enorme importancia. No caso da Universidade de Vigo puxéronse en marcha diferentes iniciativas de promoción deste movemento, a última a sinatura da Declaración de Berlín sobre acceso aberto ao coñecemento en Ciencias e Humanidades -suscrita por máis de 600 institucións gubernamentais, universidades, centros de investigación, fundacións e sociedades científicas e profesionais de todo o mundo- e a difusión en aberto do libro "Técnicas estadísticas con hoja de cálculo y R: azar y variabilidad en las ciencias naturales", dos profesores Miguel Ángel Mirás Calvo e Estela Sánchez Rodríguez.

Ler máis