O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research) da Universidade de Vigo ofrece 1 contrato de técnico de investigación en Estatística e Investigación Operativa con cargo ao proxecto “Análise estatística do mercado de aloxamento turístico da provincia de Ourense dende unha nova perspectiva: a análise de datos composicionais.”.
Para dito posto requírese titulación universitaria; preferiblemente ter cursado o Máster Interuniversitario en Técnicas Estatísticas; coñecementos en estatística e linguaxe de programación R; bo nivel de inglés falado e escrito
As solicitudes enviaranse mediante correo electrónico dirixido a co seguinte asunto: "Contrato Tec Inv - Inou". Achegarase expediente académico de grao/máster (no seu caso) e CV.
O prazo de presentación de candidaturas remata ás 14:00 horas do 2 de xullo de 2021.
Máis información dispoñible na Oferta de Traballo.