Organizado polo Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo a petición da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), o XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións terá lugar na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo (Ourense) do 23 ao 25 de outubro de 2025 e contará cun extenso programa científico no que tamén se inclúe a celebración da Xornada de aplicación da EIO e das II Xornadas de innovación docente na Estatística e IO.
O prazo de envío de propostas está aberto ata o vindeiro 12 de setembro e acéptanse tanto comunicacións orais como pósteres en galego, español, portugués ou inglés. Ademais, os investigadores e investigadoras noveis que o desexen poderán participar no “Premio Investigadores/as Novos/as”, mentres que os pósteres tamén poderán optar a un premio na categoría “Mellor póster MTE”. A aceptación ou rexeitamento dos traballos comunicarase, a máis tardar, o 30 de setembro.
Por outra banda, a inscrición a prezo superreducido remata o 12 de setembro, mais a posibilidade de inscrición estándar seguirá dispoñible ata outubro.
Dende o comité organizador, animávosvos a enviar os vosos traballos!
Máis información: http://xviicongreso.sgapeio.es/index.html
