08/07/2013 | Duvi – Diario da Universidade de Vigo
Este sistema emprégase por exemplo en política de prezos, toma de decisións e mesmo en bioloxía
No SING9, 9th Spain-Italy-Netherlands Meeting on Game Theory, presentaranse 125 traballos
A teoría de xogos estuda as situacións onde interveñen dous ou máis axentes e onde o resultado final depende do que faga cada un deles. Esta é unha teoría que se emprega en disciplinas como a bioloxía, as ciencias políticas ou a economía. Sobre a súa vertente económica debaten en Vigo dende este luns e ata o mércores 160 expertos de 25 países que se dan cita no 9th Spain-Italy-Netherlands Meeting on Game Theory (SING9), organizado por profesores do grupos grupos da Universidade de Vigo Research Group in Economic Analysis (RGEA) e Statistical Inference, Decision & Operations Research (SiDOR).
Á fronte da organización está o docente Gustavo Bergantiños, que xunto co alcalde da cidade, Abel Caballero e a vicerreitora de Investigación, Asunción Longo, foron os encargados de abrir o congreso e dar paso á conferencia inaugural, impartida por William Thomson, profesor da universidade estadounidense de Rochester.