O venres 11 de abril celebramos no Departamento de Estadística e I.O. o seminario Modelos de avaliación médico-económica dende o punto de vista da estatística, a cargo de Tomé Rodríguez Rodríguez, Senior Analyst en Modelización Económica na empresa farmacéutica Eli Lilly, na súa sede de Irlanda.
Esta actividade ademais de estar dirixida aos membros do departamento e do grupo SiDOR, realizouse tamén para os alumnos e alumnas do Máster en Técnicas Estadísticas que se imparte simultáneamente nas universidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela.
Resumo:
Os modelos de avaliación médico-económica son modelos para a avaliación do coste-efectividade das tecnoloxías sanitarias como os medicamentos, os dispositivos médicos ou as iniciativas de saúde pública. Nesta sesión, Tomé Rodríguez Rodríguez, como profesional nesta área presentará estes modelos e a súa utilidade no campo sanitario e os distintos elementos que os conforman (estrutura do modelo, extrapolación da efectividade, custos, calidade de vida, simulación e análise probabilística), prestando especial atención a aqueles aspectos nos que existe discusión metodolóxica sobre o enfoque estatístico axeitado, e a aqueles que presentan máis problemas para o profesional deste área no día a día de cara a desenvolver modelos eficientes e innesgados.
Os contidos deste seminario reflicten exclusivamente as opinións do poñente.
