O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research) da Universidade de Vigo ofrece dous contratos para realizar tarefas de apoio á investigación na área de Estatística e Investigación de Operacións . As tarefas a realizar corresponden a dúas liñas:
- Liña A: Desenvolvemento de metodoloxía relacionada coa investigación básica do grupo SIDOR. Estudo das propiedades dos métodos propostos
- Liña B: Resolución de problemas específicos doutras áreas de coñecemento (medicina, oceanografía, bioloxía, enxeñería, economía, etc) en colaboración con outros grupos de investigación, aplicando e/ou desenvolvendo a metodoloxía estatística adecuada
Para dito posto requírese Grao en Matemáticas ou Estatística, ou grao noutras titulacións con formación específica na área de Estatística e Investigación Operativa a nivel de posgrado; manexo de software estatístico; coñecementos de programación; e bo nivel de inglés falado e escrito.
As solicitudes enviaranse mediante correo electrónico dirixido a sidor@uvigo.es co seguinte asunto: Praza apoio á investigación SiDOR. Achegarase expediente académico de grao/máster (no seu caso) e CV.
O prazo de presentación de candidaturas remata ás 14:00 horas do 20 de abril de 2018.
Máis información dispoñible na Oferta de Traballo