Divulgando Ciencia Singular é un programa de actividades de divulgación científica e tecnolóxica que permitirán ás e ós participantes descubrir que se fai nos Centros Singulares de Investigación da Universidade de Vigo: Centro de Investigación Mariña, Centro de Investigacións Biomédicas, e AtlanTTic
Actividades
O programa de actividades (de balde e con suscrición previa) comeza o 6 de outubro co Centro de Investigación Mariña, continúa o Centro de Investigacións Biomédicas con varias xornadas: 19, 20, 26 e 27 de outubro, e remata o AtlanTTic o 9 de novembro. Estas actividades están financiadas pola Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia a través do Programa de Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema Universitario de Galicia cofinanciada polo FEDER, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
A presentación de Divulgando Ciencia Singular tivo lugar o 27 de outubro. Máis información no DUVI
CINBIO ConCiencia: Investiga connosco
O bloque de actividades organizado polo CINBIO, centro ó que pertence o grupo SiDOR, é o seguinte:
Puntos de información:
- Venres, 19 de outubro, na Rúa Príncipe de Vigo
- Sábado, 20 de outubro, no paseo de Ourense
Xornadas de portas abertas:
Venres, 26 de outubro, de 16.30 a 20.00 h, no CINBIO en Vigo. Actividades:
- Taller en laboratorio ‘As túas células e os seus xenes’, relacionado con Single Cell sequencing
- Taller en laboratorio sobre ‘Preparación de nanopartículas de ouro’, relacionado con Coloides
- Charla ‘Arquitectos moleculares’, relacionada coa Química Orgánica
- Charla ‘Medicina e saúde: os datos contan’, relacionada coa apnea do sono dende o eido da Bioestatística e en colaboración co Sergas
Sábado, 27 de outubro, de 10.30 a 13.00 h, no Politécnico de Ourense. Actividades:
- ‘Biomoléculas activas no teu día a día’, sobre prebióticos/antioxidantes e relacionado co eido da Enxeñaría química
- Charla ‘Intelixencia Artificial no ámbito sanitario’, a cargo do grupo de Sistemas Informáticos de Nova Xeración, SING