Oferta de traballo: Asistente/s de investigación en Bioestatística e Epidemioloxía

O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research) da Universidade de Vigo, a través do Centro Singular de Investigacións Biomédicas (CINBIO), ofrece contrato/s de Asistente de investigación en Bioestatística e Epidemioloxía.

Para dito posto requírese titulación en Matemáticas, Estatística ou outros campos relacionados; experiencia na aplicación e/ou desarrollo de métodos bioestatísticos, técnicas estatísticas e programación estatística.

As solicitudes enviaranse mediante correo electrónico dirixido a cinbio@uvigo.es co seguinte asunto: CINBIO 34. Position in Biostatistics and Epidemiology. Ver documentación requirida na oferta de traballo, que pode ser remitida tanto en inglés, castelán o galego.

O prazo de presentación de candidaturas remata ás 18:00 horas do 6 de maio de 2019.

Máis información dispoñible na Oferta de Traballo.