Oferta de traballo: Técnico de apoio á investigación

O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research) da Universidade de Vigo ofrece un contrato de técnico/a de apoio á investigación, financiado polo expediente ED431C 2020/03 (Grupo de Referencia Competitiva, Xunta de Galicia).

Para dito posto requírese titulación superior (Licenciatura ou Grao), polo menos tres anos de experiencia en tarefas de apoio á investigación (principalmente en áreas de coñecemento relacionadas coas matemáticas e a estatística), experiencia en xestión administrativa, manexo avanzado de ofimática e xestión de páxinas web, e bo nivel de inglés escrito e falado.

As solicitudes enviaranse mediante correo electrónico dirixido a sidor@uvigo.es co seguinte asunto: Praza Técnico Apoio Investigación SiDOR. Achegarase unha carta de presentación, CV e documentos acreditativos dos méritos recollidos no mesmo.

O prazo de presentación de candidaturas remata ás 14:00 horas do 25 de setembro de 2020.

Máis información dispoñible na Oferta de Traballo