Unha tese estuda e resolve distintos problemas metodolóxicos na análise estatística de datos de supervivencia

14/12/2016 | Duvi

Unha tese estudia e resolve distintos problemas metodolóxicos na análise estatística de datos de supervivencia

Unha maior supervivencia libre de dano entre as mulleres fronte aos homes, así como a comprobación de que o prognóstico sobre a evolución da enfermidade empeora de xeito progresivo coa idade, sendo máis favorable para pacientes diagnosticados en idades temperás.

Estas son dúas das conclusións do estudo de máis de 3600 casos de pacientes diagnosticados de Lupus Eritematoso Sistémico en España, recollidos no rexistro Relesser, incluídas na tese de doutoramento de Leyla Azarang, titulada Contribucións á estimación non paramétrica de curvas de supervivencia en modelos multi-estado non markovianos.

Dirixida polo catedrático do Departamento de Estatística e Investigación Operativa Jacobo de Uña, a tese da investigadora iraniana, formada ao abeiro da rede Marie Curie europea Mediasres, estuda e resolve distintos problemas metodolóxicos na análise estatística de datos de supervivencia e aplica os métodos propostos ao estudo da enfermidade do lupus en España.

Leer noticia completa